lunes, 26 de mayo de 2008

Análise das Webquest II

A webquest http://www.musikabi.com/ traballa con elementos da educación musical pero non aparecen prefixados os obxectivos que se pretenden. Utilízase unha linguaxe formal e apropiada para os usuarios. Actualízase con moita frecuencia (aproximadamente unha vez por semana). Existen numerosos hiperenlaces que pertencen a fontes fiables (como por ejemplo youtube)ademais de que é visitada frecuentemente polo número de comentarios en cada entrada. Os títulos das entradas son claros e describen os obxectivos desa entrada. Os elementos estan visibles en toda a visita á esta webQuest. A extensión é normal, os artigos non son nin moi extensos nin demasiado breves. A información é correcta xa que publican experiencias de traballos propios.


A webQuest http://www.telecable.es/personales/aryari/guia.htm especifica os obxectivos que pretenden tartar, utiliza unha linguaxe correcta adaptada ós usuarios. Conta con bastantes hiperenlaces para pasar dunhas actividades a outras. Os títulos dos distintos apartados ós que se pode acceder son descriptivos. A webQuest moitos gifs animados que fan esta aplicación máis atractiva para os nenos. Trata diferentes actividades que se deberán poñer en práctica.

A siguiente (http://aulablog21.wikispaces.com/) traballa claramente as novas tecnologías aplicadas á educación, non ten participacións externas dado que presenta dereitos do autor. Ten unha gran cantidade de hiperenlaces sobre todo para exemplificar o analizado. Non existen nesta webQuest entradas datadas polo que non sabemos se actualiza con frecuencia.

lunes, 19 de mayo de 2008

definición de WebQuest e exemplos.

Unha compañeira mais eu analizamos en profundidade este tipo de web (para velo clik aqui)